obús

obús

(

  1. s m [BÉL]
    1. Peza de artillaría de ánima estriada, de relación calibre/lonxitude, xeralmente, entre 1/10 e 1/20, destinada a lanzar proxectís con traxectoria de tiro máis curva ca o canón e menos ca o morteiro. Construtivamente, non se diferenza dun canón. É fundamental como peza de montaña pola súa capacidade de destruír obxectos situados detrás de obstáculos próximos á peza. A súa aparición é dubidosa, aínda que se acepta xeralmente que foron os holandeses, no s XVII, os primeiros en utilizalos, aínda que non foron empregados de xeito xeneralizado ata o último terzo do s XVIII.

    2. Proxectil de artillaría.

  2. s m [TRANSP]

    Obturador da válvula dun pneumático.