O’Casey, Sean

O’Casey, Sean

Dramaturgo. De nome John Casey, estreou as súas primeiras obras no Abbey Theatre, onde se deu a coñecer. Os seus temas favoritos recolleunos de material irlandés ambientado na clase obreira, como en The Shadow of a Gunman (1923), Juno and the Paycock (1924) e The Plough and Stars (1926). Escribiu tamén pezas de carácter antimilitar, como The Silver Tassie (1928) e The Star Turns Red (1940); dramas, como Red Roses for Me (1942); e de tema autobiográfico, como I Knock at the Door (1939) e Drums Under the Windows (1945).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dublín

  • Deceso

    Lugar : Torquay