oclusión

oclusión

(

  1. s f

    Acción e efecto de ocluír ou ocluírse.

  2. s f [FISIOL]

    Peche das marxes dunha abertura natural, como a dos beizos ou a das pálpebras.

  3. s f [LING]

    Trazo articulatorio que consiste nunha interrupción completa da corrente fónica nun punto calquera das cavidades supraglóticas e mesmo infraglóticas , nalgunhas linguas. Durante esta interrupción pode haber vibracións vocálicas e abertura simultánea da canle rinofarínxea.

  4. s f
    1. [IND/QUÍM]

      Burbulla ocluída que aparece na superficie sólida dunha peza metálica de fundición.

    2. [IND/QUÍM]

      Fenómeno que consiste na disolución de gases en metais que orixina compostos intersticiais.

    3. [QUÍM]

      Inclusión de anións ou catións estraños no seo dun precipitado a causa do crecemento demasiado rápido deste. Pode ser considerada como un tipo de coprecipitación.

  5. s f [METEOR]

    Límite de aire que se forma cando unha  fronte fría alcanza a unha fronte cálida e eleva o aire cálido situado detrás del.

  6. [PAT]
    1. s f

      obliteración.

    2. oclusión intestinal

      íleo.

Palabras veciñas

oclocracia | oclocrático -ca | ocluír | oclusión | oclusivo -va | ocnáceo -a | oco -ca