oco -ca
(< lat occāre ‘gradar aterra’)
-
adx
Que está baleiro por dentro ou que ten un espazo libre de materia maior ca o que lle correspondería en relación ao seu volume.
Ex: Esta árbore está oca.
Sinónimos: foco. -
adx
Que está baleiro de contido e non di nada.
Ex: Os seus comentarios ocos non achegaban nada á definición.
-
adx
Que ten un son profundo.
Ex: Tiña unha voz oca que nos asustaba de pequenos.
-
s
m
Espazo aberto, baleiro ou cóncavo nunha superficie.
Ex: Fíxolle un oco á porta para que pasase o gato. Deixámoslle tres ocos na fachada porque queremos que entre moita luz.
Sinónimos: buraco, burato, furaco, buraco. -
s
m
Praza sen ocupar.
Ex: Non había nin un só oco no concerto.
-
s
m
Posto de traballo ou ocupación laboral.
Ex: Meu tío vaime buscar un oco onde el traballa.
-
s
m
Pequeno intervalo de tempo libre no medio das ocupacións.
Ex: Ven pola tarde que teño un oco de 4 a 5.