O’Connor
O’Connor
Familia irlandesa, emparentada cos O’Neill, que deu diversos reis a Connacht. Rory O’Connor (1116-1198) foi o último rei de Connacht (1156-1186), e tivo que aceptar a soberanía do rei de Inglaterra Enrique II, co que asinou o Tratado de Windsor (1175).