O’Connor, Flannery

O’Connor, Flannery

Escritora estadounidense. As súas narracións caracterízanse pola combinación da comedia coas historias de fondo tráxico e brutal, ademais da mestura do gótico co relixioso. Autora de narracións como The Geranium (1946), A Good Man is Hard to Find (1955) ou Everything that Rises Must Converge (1965), son importantes as súas novelas Wise Blood (1952) e The Violent Bear it Away (1960).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Savannah, Georgia

  • Deceso

    Lugar : Milledgeville, Georgia