O’Donnell, Peadar

O’Donnell, Peadar

Político e escritor irlandés. Situado á esquerda do republicanismo, en 1918 uniuse ao IRA e foi encarcerado. Fundou, xunto con G. Gilmore e F. Ryan, o Republican Congress (1934) e participou na Guerra Civil Española. Foi editor de diversas publicacións, como The Workers Voice ou The Bell (1946-1954). Das súas obras destacan Storm (1925), The Gates Flew Open (1932), Salud! An Irishman in Spain (1937) e There Will Be Another Day (1963).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Meenamore, Dún na nGall

  • Deceso