O’Donnell Jorrís, Leopoldo
Militar, neto de Enrique José O’Donnell Anethan, conde de Lucena, duque de Tetuán e vizconde de Aliaga. Durante a Primeira Guerra Carlista loitou no bando liberal e obtivo vitorias en Oiartzun (1838) e en Lucena (1839), pola que recibiu o título de conde de Lucena e a capitanía xeneral de València. En colaboración con Espartero, expulsou os carlistas do Maestrazgo, mais en 1841, partidario dos moderados, ergueuse contra o seu colaborador e participou no complot para raptar a raíña. Tivo que exiliarse en Francia, pero volveu en 1844 e ocupou o cargo de capitán xeneral de Cuba (1844-1848), senador vitalicio (1845) e director xeral de infantaría (1848). Perante as inmoralidades financeiras dos moderados ergueuse xunto co xeneral D. Dulce e conseguiu impoñerse co Manifiesto del Manzanares (1854), co que se inicou o Bienio Progresista. Foi ministro da Guerra no goberno de Espartero, do que se foi distanciando gradualmente, e tras a súa dimisión presidiu o goberno (xullo-outubro 1856). Cando a Raíña Isabel II puxo fin ao bienio agrupou ao seu arredor os políticos centristas e cohesionou a Unión Liberal, coa que gobernou de xeito máis estable entre 1858 e 1863. A reacción moderada, favorecida por Isabel II, obrigouno a dimitir. A pesar diso, a raíña volveuno chamar cando a crise política se agudizou (1865), pero destituíuno ao ano seguinte considerando que non reprimira coa dureza necesaria os sucesos revolucionarios de 1866.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santa Cruz de Tenerife -
Deceso
Lugar : Biarritz