oficina

oficina

(< lat officīna)

  1. s f

    Lugar onde se exerce un oficio.

  2. s f

    Lugar onde realizan servizos administrativos ou similares.

  3. s f [DER]

    Cada un dos organismos centrais creados para a aplicación e o funcionamento dunha convención asinada por diferentes estados e que se denominan oficinas internacionais. As máis importantes son as de correos, protección da propiedade industrial e educación.

  4. oficina de emprego

    Lugar que depende do Instituto Nacional de Empleo onde se inscriben os desempregados para obter formación e emprego.