Oficina Internacional de Educación
Organismo creado en Xenebra en 1925 como organización non gobernamental e privada. Tiña como obxectivos centralizar a documentación relativa ao ensino, interesarse na investigación científica referente á educación e servir como centro de coordinación para institucións e asociacións interesadas na educación. Foron membros fundadores da OIE Edouard Claparède, Pierre Bovet, primeiro director, e Adolphe Ferrière. En 1929 converteuse na primeira organización intergobernamental educativa ao ampliar a súa composición aos gobernos e ao manter o acceso a institucións públicas e organismos internacionais. Ao mesmo tempo, Jean Piaget foi nomeado director da OIE, cargo que ocupou case coarenta anos. A partir de 1934, organizou a Conferencia Internacional de Instrución Pública (ou Conferencia Internacional de Educación). En l969, a OIE entrou a formar parte da UNESCO, aínda que mantendo a súa autonomía e ocupándose de tres áreas principais: a organización das sesións da Conferencia Internacional de Educación como fórum internacional de diálogo para tratar políticas educativas; coleccionando, analizando e diseminando documentación e información educativa, particularmente aquela que se refire a métodos de ensino innovadores; como tamén, da realización de estudos e investigacións no campo da educación comparada.