Olduvai Oldoway
Olduvai Oldoway
Xacemento fosilífero de Tanzania que se sitúa no desfiladeiro do mesmo nome. A súa importancia está nos fósiles de homínidos que se atoparon, dos que destacan as dúas formas de Zinjantropus descubertas por K. Leakey, así como os restos dun tipo de Homo sapiens, denominado home de Olduvai, de estatura elevada e dolicocefálico, datados nuns 600.000 anos.