Oleiros, condado de

Oleiros, condado de

Título vinculado nun principio ao condado de Quirós, que foi concedido polo Emperador Carlos VI a un tío de Marcos Antonio Bernaldo de Quirós. En Castela, o primeiro conde de Oleiros foi Manuel de Losada Quirós (?-1809) -que casou con Manuela Nicolasa Ozores Espada- e o segundo foi o seu fillo póstumo, Joaquín de Losada Ozores (1809-1870), aínda que non quedou constancia de que utilizara oficialmente o título. En 1920 pediu a súa restitución, Álvaro Losada Fernández, sen éxito e o título quedou vacante.

Palabras veciñas

Oleiros | Oleiros | Oleiros | Oleiros, condado de | Oleiros, San Miguel de | oleíxeno -na | Olen’ok