Olimpia
Olimpia
Raíña de Macedonia, filla de Neoptólemo I, rei de Epiro. Casou con Filipo II de Macedonia e tivo dous fillos, Alexandre o Grande e Cleopatra. Cando Filipo a repudiou, retirouse a Epiro, pero exerceu unha notable influencia sobre o seu fillo Alexandre. Unha vez morto este participou na loita de Polispercón, rexente de Macedonia, contra Casandro, para defender os intereses do seu neto Alexandre, fillo de Alexandre o Grande e Roxana. Foi sitiada en Pidna e morreu executada.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Molosia, Epiro -
Deceso