oliva

oliva

(

  1. s f [BOT/ALIM]

    Froito en drupa da oliveira, monosperma, máis ou menos redondo, de cor e dimensións moi diversas, que se emprega como alimento, ben para ser comido enteiro, ben como materia prima do aceite. A colleita de olivas faise de outubro a xaneiro. Son apañadas da árbore a golpes de vara ou coa man. A produción de olivas sempre se caracterizou por unha marcada irregularidade, e por esa razón asociouse a oliveira coa viña e cos cereais. España e Italia son os principais países produtores do mundo, xunto con outros países como Grecia, Turquía, Tunisia, Siria, Portugal, Francia, Marrocos, Alxeria, Serbia e Montenegro, Xordania, EE UU, Chipre, Israel, Libia e Arxentina. A oliva destínase principalmente á obtención de aceite: o 90% da produción española é prensada con esta finalidade, mentres que menos do 5 % da extensión total dedicada ao cultivo de oliveira vai dedicada á produción de olivas para o consumo directo. Destas, as de máis interese económico, en relación co comercio exterior, son as preparadas ao estilo “sevillano”, producidas en plantacións de Jaén, Sevilla, Huelva, Badajoz, Córdoba, Cádiz. Consómense verdes (antes de madurar), de cor cambiante (antes da maduración completa), partidas (abertas sen crebar o óso e tratadas con salmoira), con recheo (sen óso e enchidas de pemento ou anchoa, entre outras) e negras (case maduras, tratadas con álcalis, teñen que experimentar unha oxidación e van conservadas en salmoira). Durante a elaboración sofren unha fermentación láctica.

  2. s f [ZOOL]

    Núcleo de substancia gris do sistema nervioso central. No bulbo raquídeo están as olivas bulbares, na protuberancia as olivas protuberanciais, e no cerebelo as olivas cerebelosas, ou núcleos dentados principais.

Formas incorrectas

aceituna

Palabras veciñas

olistólito | olistostroma | Olite | oliva | Oliva | Oliva | Oliva de la Frontera