Oliva

Oliva

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na costa (21.003 h [2001]). A economía baséase sobre todo nos servizos. A agricultura é de regadío, a grande maioría dedícase aos cítricos e nunha proporción moito menor, ás hortalizas. A gandaría ten pouca importancia. A industria tamén se desenvolveu secundariamente, destacando as fábricas de materiais de construción e as de produtos alimentarios.