Oliva, La

Oliva, La

Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao N da illa de Fuerteventura (10.548 h [2001]). A economía baséase na agricultura, con cultivos de tabaco e cebolas, a gandaría caprina, o turismo e a pesca. Do seu patrimonio cultural destaca a Casa de los Coroneles, na que estivo a comandancia militar.