Oliver i Tolrà, Miquel dels Sants

Oliver i Tolrà, Miquel dels Sants

Xornalista e escritor. Membro da corrente renacentista maiorquina, colaborou en diversas publicacións de Palma de Mallorca, desde as que realizou propaganda autonomista. Autor de La cuestión regional (1899), onde se amosan os seus principios políticos, no apartado literario escribiu Ensayos críticos. La literatura en Mallorca (1840-1903). En Barcelona foi membro fundador do Institut d Estudis Catalans, director de La Vanguardia e presidente do Ateneu. Defensor do catalanismo político en Entre dos Españas (1906), das súas obras tamén destacan Vida y semblanza de Cervantes (1917) e La literatura del desastre (1974).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Campanet, Mallorca

  • Deceso

    Lugar : Barcelona