Olivier, Laurence Kerr sir

Olivier, Laurence Kerr sir

Actor e director inglés. Deuse a coñecer como autor teatral en Broadway e en Londres, sobre todo con interpretacións innovadoras de Shakespeare, que o converteron en director do Old Vic (1946). A súa carreira cinematográfica desenvolveuse no campo da interpretación, de onde destaca o seu traballo en Wuthering Heights (1939), Rebecca (1940), The Beggar’s Opera (1953), Spartacus (1960), Battle of Britain (1969) ou War Requiem (1989), e no da dirección nos dramas shakespearianos Henry V (1945), Hamlet (1948, Leone d’Oro de Venecia 1948, Oscar ao mellor actor 1949) e Richard III (1955, Silberner Bär en Berlín, 1956) e na comedia The Prince and the Showgirl (1957). Recibiu o Oscar honorario pola súa carreira (1979).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dorking, Surrey

  • Deceso

    Lugar : Steyning, West Sussex