olor
olor
(< lat olōre)
-
s
m
[FISIOL/QUÍM]
Impresión que certas emanacións volátiles producen no órgano do olfacto. É posible reducir os 400 olores que se poden captar a sete fundamentais: alcanfor, almiscre, floral, menta, éter, pútrido e picante. Moitos olores son debidos a compostos orgánicos, e os das flores dependen de pequenas cantidades de aceites esenciais. As esencias botánicas son tan complexas que só poden ser reproducidas engadíndoas en pequenas cantidades ás formulacións sintéticas. OBS: Tamén se denomina cheiro.
-
s
m
Partículas emanadas dun corpo que afectan de xeito agradable ou desagradable ao órgano do olfacto.
Ex: Non me gusta nada o olor da verdura cocida.
Sinónimos: cheiro.