cheiro

cheiro

(

  1. s m

    Emanación volátil dun corpo que afecta ao órgano do olfacto.

    Ex: Os seres vivos en proceso de descomposición desprenden un cheiro pestilente.

    Sinónimos: olor.
  2. s m

    Impresión que produce no olfacto esta emisión. OBS: Nalgunhas zonas de fala galega equivale a mal olor.

    Ex: Gústame o cheiro do cocido. Vomitou o can diante da porta e non soporto o cheiro.

    Sinónimos: olor.
  3. s m

    Sentido dos animais polo que perciben os olores.

    Sinónimos: olfacto.

Refráns

  • Chéireme a min a bulsa e fédache a ti o alento.

Palabras veciñas

Cheilopogon | cheirar | cheirento -ta | cheiro | cheirón -na | cheiror | cheiroso -sa