ombudsman*
ombudsman*
s
m
[DER]
Figura do ordenamento xurídico administrativo sueco, encarnada nunha persoa que vela polo respecto das liberdades e dos dereitos fundamentais dos administrados ante os actos públicos do goberno. Esta figura foi creada, no seu sentido moderno, en 1809 e foi adaptada na maioría de gobernos democráticos con diferentes nomes: Defensor del Pueblo en España, Valedor do Pobo en Galicia, Médiateur en Francia, Provedor de Justiça en Portugal e Difensore Civico en Italia.