Ona de Echave, Antonio

Ona de Echave, Antonio

Bispo de Lugo (1961-1979). Doutor en Teoloxía e Dereito Canónico, foi vigairo xeneral do bispado de Nafarroa (1957), arcipreste da catedral de Iruña, bispo auxiliar de Lugo (1956-1971) e bispo titular de Dystis (1956-1961). Durante o seu bispado en Lugo restaurou o palacio episcopal e reordenou a distribución das parroquias eclesiásticas. Fundou a emisora radiofónica Radio Popular e participou no Concilio Vaticano II.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cárcar, Nafarroa

  • Deceso

    Lugar : Iruña