Onassis, Aristotelis Sokratis

Onassis, Aristotelis Sokratis

Armador e home de finanzas grego. Cando se produciu a invasión turca (1922) emigrou a Arxentina, onde foi cónsul xeral de Grecia. Iniciou a súa aventura empresarial coa manufactura de tabaco e o fretamento de barcos mercantes. Foi o administrador de numerosas sociedades de todo o mundo e o principal accionista da Societé des Bains de Mer de Mónaco (ata 1967). Fundou a compañía de navegación aérea Olympic Airways e a marítima Olympic Cruises. A partir de 1967 foi un dos principais partidarios e sustentadores do réxime grego dos coroneis e en 1969 creou a compañía petroleira Omega.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Neuilly

  • Nacemento

    Lugar : Esmirna

  • Deceso

    Lugar : Seine