Ondara
Ondara
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (5.511 h [2001]). Dedicado principalmente ao sector terciario, na agricultura destaca o cultivo e os cítricos no regadío e as amendoeiras e o barbeito no secaño. Na industria só destacan a produción de estruturas metálicas e de materiais de construción.