Onil

Onil

Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (6.903 h [2001]). A súa economía baséase principalmente no sector industrial, onde destaca o sector xogueteiro. As terras de secaño conservan a viña, aínda que as oliveiras, as amendoeiras e as froiteiras son maioritarias.