Ons, illa de

Ons, illa de

Illa que xunto coa de Onza constitúe as illas Ons. Está situada ao N e trátase dunha pequena illa granítica cunha morfoloxía alongada e cun litoral rectilíneo no sector oriental e curvilíneo no occidental. Está separada da illa de Onza polo canal de Freu da Porta, de 600 m de ancho.