ontoxenia

ontoxenia

(< onto- + -xenia)

  1. s f [BIOL]

    Serie de transformacións sufridas por un organismo animal ou vexetal desde a fecundación ata que acada o estado de madurez. Comeza na fecundación, pasa pola división celular intensa con desprazamentos de células e pola súa diferenciación (embrioxénese), e despois chega á madurez sexual, que en certos animais pasa por procesos metamórficos.

    Sinónimos: ontoxénese.
  2. [LING]

    Evolución da habilidade lingüística no individuo, no proceso de adquisición lingüística por parte do neno.

    Sinónimos: ontoxénese.

Palabras veciñas

ontoteoloxía | ontoxénese | ontoxenético -ca | ontoxenia | ontoxénico -ca | Ontur | ONU