ontoxenia
ontoxenia
(< onto- + -xenia)
-
s
f
[BIOL]
Serie de transformacións sufridas por un organismo animal ou vexetal desde a fecundación ata que acada o estado de madurez. Comeza na fecundación, pasa pola división celular intensa con desprazamentos de células e pola súa diferenciación (embrioxénese), e despois chega á madurez sexual, que en certos animais pasa por procesos metamórficos.
Sinónimos: ontoxénese. -
[LING]
Evolución da habilidade lingüística no individuo, no proceso de adquisición lingüística por parte do neno.
Sinónimos: ontoxénese.