Onza, illa de
Onza, illa de
Ou Onceta Unha das dúas illas principais que constitúen as illas Ons. Está situada ao S e é unha pequena illa granítica que abrangue unha superficie de menos de 1 km, moi escarpada e de difícil acceso. Está separada da illa de Ons polo canal de Freu da Porta, de 600 m de ancho.