Oñate, Juan de

Oñate, Juan de

Conquistador, fillo de Cristóbal de Oñate. En 1598 iniciou a conquista de Novo México, do que foi gobernador, adiantado e capitán xeneral. Chegou ata as rochas de Acoma, no territorio dos moquis, explorou Texas, Oklahoma, Missouri, Nebraska e Iowa, e chegou ata a desembocadura do río Colorado. En 1605 fundou Santa Fe e en 1607 foi aprisionado e destituído dos seus cargos acusado de desobediencia ao virrei.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Minas de Pánuco, Zacatecas

  • Deceso