Opinión, La

Opinión, La

Semanario publicado en Tui a partir do 6 de decembro de 1908. Cesou en febreiro de 1910. Editado en Vigo nos obradoiros tipográficos de La Nueva Prensa, o seu propietario foi Xesús Rivas Begarín e os seus directores Manuel Cela e Darío Álvarez Limeses. A publicación xurdiu co obxectivo de combater o cacique Venancio Lorenzo.