opistóglifo -fa

opistóglifo -fa

(< opisto- + gr γλύφη‘cavidade’)

  1. [ANIMAL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos opistóglifos.

    2. s m

      Réptil do grupo dos opistóglifos.

    3. s m pl

      Grupo de réptiles escamados, da suborde dos ofidios, que presentan dentes especializados na condución do veleno situados na mandíbula superior e na parte posterior da boca.

  2. s m [ZOOL]

    Sistema de inxección de veleno dalgunhas cobras que presentan dentes acanalados na parte posterior da boca.