oportunista

oportunista

(< oportuno)

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao oportunismo.

    2. s

      Persoa que practica o oportunismo.

  1. adx [ECOL]

    Aplícase á especie cunha taxa de multiplicación elevada, capaz de aproveitar rapidamente un espazo libre do ecosistema, e adaptada a condicións cambiantes no tempo e no espazo. Estas características fana ser competente e adoitan ir ligadas a unha vida breve.