Oposición Obreira
Oposición Obreira
Tendencia constituída no Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) entre 1919 e 1921. Os seus dirixentes máis destacados foron Aleksandra M. Kollontaj, A. G. Šliapnikov e S. P. Medvedev. Denunciaba a burocracia no seo do partido e do estado soviético, e reivindicaba un papel máis importante dos sindicatos na sociedade e na economía. Combatidas as súas teses no XI Congreso do PCUS, o grupo disolveuse pouco despois.