optoelectrónica

optoelectrónica

(

s f [FÍS]

Parte da física e da técnica que estuda conxuntamente os fenómenos ópticos e electrónicos, as súas interaccións e a concepción dos dispositivos que asocian ambos os dous fenómenos. Os dispositivos optoelectrónicos que producen unha radiación luminosa (dentro do espectro visible ou ben na zona de infravermellos) son emisores; os compoñentes sensibles a estas radiacións son receptores, captadores ou detectores. Entre os primeiros están os emisores de luz coherente, como os láser de díodos electroluminescentes; entre os segundos están os diversos tipos de fotodetectores, como as células fotoeléctricas, os fotodíodos, os fototransistores ou os dispositivos CCD. O fotoaxustador é moi útil para o axuste de circuítos eléctricos diferentes ou para a transmisión de sinais sen practicamente ruído.

Palabras veciñas

óptimo -ma | opto- | optoaxustador | optoelectrónica | optoelectrónico -ca | optometría | optométrico -ca