óptimo -ma
óptimo -ma
(< lat optĭmu)
-
adx
-
Que non se pode mellorar.
Ex: As notas da túa filla foron óptimas.
-
Que é o mellor no seu xénero.
Ex: Os motores de Seat son óptimos.
-
-
s
m
-
Realización ideal para conseguir un obxectivo determinado.
Ex: O óptimo sería que non nos chovera mañá.
-
[ECON]
Situación non mellorable dun suxeito económico á que chega ao decidir, con criterios de racionalidade económica, entre opcións alternativas. Este concepto, estreitamente vinculado ao marxinalismo, complementa a noción de equilibrio individual, tendo en conta a escaseza de certos bens ou recursos. Esta acepción individual fíxose extensiva á mellor solución posible de calquera problema económico.
-