óptimo -ma

óptimo -ma

(< lat optĭmu)

  1. adx
    1. Que non se pode mellorar.

      Ex: As notas da túa filla foron óptimas.

    2. Que é o mellor no seu xénero.

      Ex: Os motores de Seat son óptimos.

  2. s m
    1. Realización ideal para conseguir un obxectivo determinado.

      Ex: O óptimo sería que non nos chovera mañá.

    2. [ECON]

      Situación non mellorable dun suxeito económico á que chega ao decidir, con criterios de racionalidade económica, entre opcións alternativas. Este concepto, estreitamente vinculado ao marxinalismo, complementa a noción de equilibrio individual, tendo en conta a escaseza de certos bens ou recursos. Esta acepción individual fíxose extensiva á mellor solución posible de calquera problema económico.

Palabras veciñas

optimista | optimización | optimizar | óptimo -ma | opto- | optoaxustador | optoelectrónica