optimización

optimización

(< optimizar)

  1. s f

    Acción e efecto de optimizar.

  2. s f [CIBERN/TECNOL]

    Conxunto de técnicas e métodos que se empregan no deseño dun sistema, cos que se maximiza ou minimiza un índice de comportamentos, tamén denominado función de custo, para facer o sistema tan funcional e eficaz como sexa posible. Inclúe técnicas como o cálculo de variacións e a programación matemática lineal. Atopa unha aplicación importante no deseño do regulador lineal óptimo da teoría moderna de control. Outra aplicación é o alisamento óptimo, que trata de deseñar un filtro óptimo que xere a mellor estimación posible dunha variable dinámica en determinado momento.

Palabras veciñas

optimismo | optimist* | optimista | optimización | optimizar | óptimo -ma | opto-