optimismo

optimismo

(<óptimo)

  1. s m [FILOS]

    Doutrina ou convicción filosófica segundo a que o mundo é o mellor dos posibles, discorre da mellor maneira posible dentro do que o ser finito se pode permitir, ou é susceptible intrinsecamente dun perfeccionamento progresivo e substancial. Se ben Leibniz é o representante típico dun optimismo extremo, pódese dicir que boa parte dos filósofos manteñen un optimismo de fondo, en contraposición a outras filosofías pesimistas.

  2. s m

    Disposición do espírito que consiste nunha propensión a ver e a xulgar as cousas baixo o aspecto máis favorable.

    Antónimos: pesimismo.

Refráns

  • Ata morrer, todo é vivir.
  • Nunca choveu que non escampase/escampara.
  • Se queres ter alegría, sementa e cría.
  • Sempre que choveu, escampou.

Palabras veciñas

óptico - ca | opticoelasticidade | optimate | optimismo | optimist* | optimista | optimización