optimist*
optimist*
s
m
[MAR/DEP]
Embarcación deportiva de vela, feita de madeira ou de poliéster, cun só mastro, xeralmente de aluminio, de características moi concretas e unificadas, e para un só tripulante. Dedícase á iniciación de rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos na navegación a vela. As súas características son: 2,30 m de eslora, 1,13 m de manga, entre 0,10 e 0,60 m (se é con orza) de puntal, 35 kg de peso e 3,25 m2 de superficie de vela.