opus
(
-
-
s
m
Forma de dispoñer os materiais dun muro na arquitectura romana, e por extensión na Antigüidade. Recibe diferentes nomes segundo a súa forma de construción e a súa finalidade.
-
opus albarium
Branqueo ou estucado dun muro, disposto no segundo dos casos para pintar ao fresco.
-
opus alexandrinum
Decoración mural feita con pezas de mármore insertadas nun fondo de mosaico.
-
opus barbaricum
Pavimento realizado con cantos rodados.
-
opus cementicium/ caementicium/coementicium
Aparello formado pola mestura de cal e area con trozos de tufo, pozolana e grixo.
-
opus craticum
Muro e sistema construtivo de táboas de madeira, en que os espazos entre elas se enchen de barro ou cemento e pedras.
-
opus incertum/antiquum
Pavimento formado por pequenas pedras irregulares sen desbastar, empotradas no núcleo do muro de formigón e disposto en liñas horizontais.
-
opus latericium
Muro construído con ladrillos secados ao sol ou con ladrillos cocidos.
-
opus marmoratum
Revocadura de cal e po de mármore.
-
opus mixtum
Paramento en que se alterna a opus reticulatum con cadeas de pedra ou ladrillo.
-
opus polygonale
Muro de bloques de pedra asentados uns sobre os outros, sen argamasa.
-
opus quadratum
Sistema de construción con bloques paralepípedos de pedra, colocados en fileiras regulares.
-
opus reticulatum
Paramento de pequenas pezas piramidais de tufo, de base cadrada, dispostas en fileiras oblicuas, como unha rede de rombos, ou paralelas, como unha rede de cadrados.
-
opus scutulatum
Pavimento formado por pedras de mármore romboidais de diferentes cores, para formar debuxos xeométricos.
-
opus sectile
Sistema decorativo formado pola combinación de mármores de cores para formar debuxos xeométricos. Utilízase tanto en pavimentos como en paredes.
-
opus segmentatum
Pavimentación decorativa, composta de trozos de pedra ou mármore.
-
opus signinum
Pavimento de pó de ladrillo e argamasa, que forma unha superficie impermeable onde se poden incrustar mármores ou teselas antes de que fragüe.
-
opus spicatum
Aparello formado por fileiras de ladrillos que pola súa disposición forman o debuxo de espiña de peixe.
-
opus tectorium
Revestimento ou revocadura das paredes, xeralmente requerido pola pobreza dos materiais empregados na construción.
-
opus tessellatum
Mosaico realizado con teselas regulares. Xeralmente combínase co opus vermiculatum.
-
opus testaceum
Combinación de ladrillos ou tellas cocidos e opus cementicium. Foi un método empregado fundamentalmente na Roma imperial.
-
opus vermiculatum
Mosaico de teselas irregulares que se adaptan ao contorno das figuras representadas. Úsase en combinación co opus tessellatum.
-
opus vittatum
Paramento formado con pequenos perpiaños dispostos en fileiras horizontais, combinados con ladrillos.
-
s
m
-
s
m
[MÚS]
Termo empregado por moitos compositores, desde o s XVII, para indicar, xunto cunha cifra, a posición cronolóxica de cada obra musical da súa produción.