Orensano, El
Orensano, El
[PUBLIC]
Xornal publicado en Ourense a partir do 15 de maio de 1860, que cesou o 15 de maio de 1865. Subtitulado “Periódico de intereses morales y materiales”, o seu fundador e impresor foi Agustín Moldes. Dirixido por Joaquín Gaite, a partir do 10 de marzo de 1861 substituíno Robustiano Pérez de Santiago. Saíu os días 1, 5, 10, 15, 20 e 25 de cada mes e incluíu artigos de fondo, información local e de Galicia e unha obra por entregas de Muñoz de la Cueva.