Orensano, El
Orensano, El
[PUBLIC]
Xornal publicado en Bos Aires a partir do 10 de novembro de 1944, que cesou o 7 de decembro de 1945. Baixo o subtítulo “Periódico gallego”, funcionou como órgano de expresión do Centro Orensano de Bos Aires. Dirixido por Rodolfo Prada, saíu cada quince días. Incluíu poesía en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, R. Cabanillas, Amado Carballo ou A. Rey Baltar, así como artigos de Castelao ou Lois Tobío.