Orense Nuevo

Orense Nuevo

Semanario publicado en Ourense a partir de 1910, que cesou en 1911. Subtitulouse “Semanario Republicano Radical”. De carácter republicano, foi fundado e dirixido polo político Amando Garra. Incluíu información xeral e críticas contra a Igrexa e a prensa católica.