Orfeo

Orfeo
[MIT]

Personaxe da mitoloxía grega, de suposta orixe tracia, fillo de Eagro e dunha das musas (Polimnia ou Calíope). Cantante, coas súas melodías enmeigaba toda a natureza. Dunha banda, a súa figura vai ligada á baixada aos infernos, na busca de Eurídice, á que rescatou despois de persuadir co seu canto ás divindades infernais. Da outra, participa tamén do mito do esnaquizamento por parte das ménades. Neste punto, a súa morte vincúlase con Dióniso Zagreo. Unha tradición completamente diferente sinala que morreu por causa do impacto dun raio lanzado por Zeus, en vinganza das revelacións místicas de Orfeo sobre a figura do deus.

Palabras veciñas

oreto | orfanato | orfandade | Orfeo | Orfeó Català | Orfeo ed Euridice | orfeón