Orfeó Català

Orfeó Català

Sociedade coral fundada en 1891 en Barcelona por Lluís Millet i Pagès e Amadeu Vives. O primeiro concerto público celebrouse en 1892. Inicialmente consistía nun coro masculino, e en 1896 fundouse a sección de mulleres. En 1905 iniciouse a construción dun local novo, o Palau de la Música Catalana, inaugurado en 1908, que se converteu axiña na principal sala de concertos de Barcelona.

Palabras veciñas

orfanato | orfandade | Orfeo | Orfeó Català | Orfeo ed Euridice | orfeón | Orfeón Donostiarra