Orfeón Unión Orensana

Orfeón Unión Orensana
[MÚS]

Formación coral que se creou en Ourense o 11 de setembro de 1887, que tomou o seu nome do Café Unión, onde se xuntaban para ensaiar. Nun primeiro momento estaba formado por 31 voces masculinas, pero a partir de 1928 xa se foron incorporando voces femininas. Os mesmos membros da masa coral iniciaron os trámites en 1887 para a creación dunha Sociedad Artística Orensana con fins culturais, lúdicos e recreativos. Esta sociedade desenvolvía actividades moi variadas, como teatro, exposicións, bailes ou cine. O orfeón participaba de moitas das iniciativas da sociedade, pero mantiña unha certa independencia funcional e acudía a festivais e concursos corais nos que obtivo múltiples galardóns.

Palabras veciñas

orfeón | Orfeón Donostiarra | Orfeón Terra A Nosa | Orfeón Unión Orensana | orfeónico -ca | orfeonista | Orff, Carl