Organización Atlética Recreativa
Organización Atlética Recreativa
Nome científico:
[OAR]
Club de baloncesto fundado en Ferrol en 1951. O seu primeiro presidente foi Jaime López Pérez, e competiu como equipo xuvenil ata 1957. Ascendeu a Primeira División na tempada 1979-1980. Despois de sete anos na máxima categoría, descendeu a Primeira División B. Logrou de novo o ascenso á liga ACB na tempada 1987-1988, onde permaneceu ata 1993-1994. Participou en tres edicións da Copa Korac (1981-1982, 1982-1983 e 1984-1985) e en 1995 cedeu os seus dereitos deportivos ao C.B.Galicia de Ferrol.