organización
(< organizar)
-
s
f
Acción e efecto de organizar ou organizarse.
-
s
f
-
Maneira de estar constituído un conxunto ou xeito como funciona.
Ex: A organización do partido da oposición sufriu grandes cambios tras o fracaso electoral.
Confrontacións: disposición, disposición. -
Maneira de estar constituído un ser vivo.
Ex: A organización dalgúns vexetais é bastante complexa.
-
-
s
f
Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.
Ex: A organización obreira decidiu desconvocar a folga xeral.
-
organización administrativa
[DER/ADM]
Conxunto de órganos e dependencias en que se estrutura a Administracion Pública. As normas de organización determinan as competencias e os principios de relación entre os diferentes órganos.
-
organización científica do traballo
[IND]
Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, sistematizadas por F. W. Taylor no derradeiro decenio do s XIX. As súas características fundamentais son, en primeiro lugar, a análise sistemática, realizada por técnicos especializados, das diferentes operacións que han de realizar os traballadores, o que comporta unha gran separación entre o pensamento e a execución do traballo. En segundo lugar, a avaliación dos lugares de traballo e a súa asignación aos traballadores mellor dotados para cada un, a simplificación das tarefas que corresponden a cada lugar de traballo, que achegou, sobre todo nun primeiro momento, a creación dun gran número de especialistas en detrimento dos oficios clásicos e dos obreiros polivalentes. En terceiro lugar, a busca dunha cooperación entre a dirección e os traballadores na marcha da empresa, sen pór en cuestión a estrutura xerárquica. E, en cuarto e último lugar, o establecemento da remuneración dos traballadores en relación a uns determinados tempos estándar, cuxa determinación presupón unha cronometraxe. Os diversos perfeccionamentos que sufriu a organización científica do traballo non atenuaron a oposición dos sindicatos obreiros que, paralelamente á loita reivindicativa, elaboraron unha crítica sistemática que pon en cuestión o carácter científico destas técnicas.
-
organización do espazo
[XEOG]
Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, espazo urbano, espazo rural, infraestruturas ou parques.
-
organización formal
[SOCIOL]
Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son de tipo impersoal e indirectas, e o papel de cada individuo é escollido segundo a súa eficiencia e a súa efectividade.
-
organización industrial
[ECON]
Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa co fin de conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.
-
organización non gobernamental
[SOCIOL]
ONG.
-
organización social
[SOCIOL]
Entidade específica que denota unha situación estruturada de funcionamento, unha interrelación entre os seus compoñentes, que posúen unhas características que non se manifestan fóra desta unidade.
-
organización territorial
[DER]
Conxunto de entes públicos territoriais en que se estrutura un estado ou unha comunidade autónoma.
-
organización xudicial
[DER]
Constitución xerárquica dos poderes públicos encargados da administración de xustiza que determina as súas atribucións e os límites en que poden exercer a súa autoridade.