Oriente, diocese de
Oriente, diocese de
División administrativa do Imperio Romano que comprendía Siria, Palestina, o Sinaí e unha franxa meridional de Asia Menor, con capital en Antioquía. A organización eclesiástica cristiá acomodouse tamén practicamente ao Patriarcado de Antioquía, cuxos titulares levan sempre o título de patriarca de Antioquía e de todo o Oriente.